Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 16 de outubro

9.30 h
En Granada, a tenenta de alcaldesa, María Rozas, participa no II Foro Urbano de España, que organiza o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana.

10.30 h
En Córdoba, o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, participa nas Xornadas Técnicas do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España -GCPHE- organizadas xunto coa Delegación para o Centro Histórico do Ayuntamiento de Córdoba.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, para presentar a 12ª Edición do Salón VO Vehículo de Ocasión. Na rolda tamén participará Fabián Saavedra, organizador do evento.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Míriam Louzao, sobre asuntos de súa área.

Compartir: