CENTROS SOCIOCULTURAIS
As bibliotecas dos centros socioculturais comezan novo curso co obxectivo de fidelizar e gañar novos lectores e lectoras
As bibliotecas da Rede de Centros Socioculturais inician un novo curso co obxectivo de consolidar e ampliar os clubs de lectura, e de incrementar a súa presenza na cidade a través de diferentes accións transversais. O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, presentou hoxe a programación dos vindeiros meses, acompañado pola responsable técnica do servizo, Lupe Rodríguez.
LINGUA
O proxecto Youtubeiras convoca a sétima edición dos seus premios baixo o lema ‘Rede aberta, Rede diversa’
Os galardóns repartirán 7.500 euros entre as persoas gañadoras de oito categorías, incluído o galardón do público. A organización desvela o xurado e o prazo de inscrición remata o próximo 17 de novembro. Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de Normalización Lingüística de Ames, Carballo, O Grove, Moaña, Pontevedra, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, da Deputación da Coruña e da Universidade de Vigo, da Universidade de Santiago de Compostela e da...
TURISMO
Compostela acolle o maior evento do mundo de odóntologos especialistas
A cidade recibe estes días a máis de 1.200 odontólogos, que participarán nun congreso organizado pola Sociedade Española de Ortodoncia e Ortopedia Dentofacial.
ALCALDÍA
O Concello súmase á celebración do centenario do Seminario de Estudos Galegos
O Concello de Santiago únese ao Consello da Cultura Galega e a outras institucións galegas para organizar de xeito conxunto un roteiro conmemorativo entre Compostela e Ortoño que terá lugar o vindeiro 12 de outubro, emulando a andaina fundacional que realizaron algúns dos membros do SEG hai 100 anos. No marco desta efeméride, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, tamén anunciou a posta en marcha de varios roteiros pola cidade vinculados ao SEG, así como a elaboración dun caderno sobre a historia da entidade e dunha...
MOBILIDADE
Roteiro en cadeira de rodas para mostrar os obstáculos que sofren as persoas con mobilidade reducida
"En cadeira de rodas vese unha cidade con grandes muros que camiñando non se perciben". É a conclusión común dos representantes da Corporación municipal e doutros colectivos que esta mañá participaron no percorrido en cadeira de rodas organizado pola concellería de Mobilidade, en colaboración con Cogami. A actividade, enmarcada na celebración da Semana Europea da Mobilidade, quixo poñer o foco sobre as moitas barreiras arquitectónicas e sensoriais que ainda sofren as persoas con diversidade funcional.
EDUCACIÓN
Mañá abre o prazo de renovación e solicitude de praza para o período lectivo no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes
Desde mañá, 21 de setembro e ata o 27, todas as familias interesadas poderán presentar a súa solicitude de praza para as tardes do curso 2023/2024 a través da páxina web do Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes.
CONSORCIO
Oito coros galegos actuarán no concerto participativo que a Real Filharmonía de Galicia ofrecerá o 21 de decembro
A orquestra ampliou de 120 a 176 o número máximo de voces para non excluír a ningunha das agrupacións que amosaron interese. Tres dos coros son de Santiago, tres de Lugo, un de Pontevedra e outro de Marín.
XUVENTUDE
Volven as "Noites Alternas" con ducias de actividades de ocio nocturno alternativo para a mocidade
Teatro, cociña, obradoiros artísticos, ou roteiros pola cidade. Son algunhas das propostas da nova edición de Noites Alternas, o programa de lecer nocturno alternativo para a mocidade, organizado pola Concellería de Xuventude en colaboración coa Asociación Xuvenil Itaca. O prazo de inscrición para as primeiras actividades, todas elas de balde, xa está aberto.
LINGUA
Comezan os obradoiros de acollemento lingüístico organizados polo Concello de Santiago
Bélxica, Colombia, Estados Unidos, India, Filipinas ou Irán son algúns dos lugares de procedencia das persoas que este mércores, 20 de setembro, comezan ou seu achegamento inicial á lingua e cultura galegas da man dos obradoiros de acollemento lingüístico que organiza o Departamento de Lingua do Concello de Santiago.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas tres mulleres asasinadas o 15 de setembro na provincia de Alacante, e o 16 de setembro na provincia de Castellón e en Murcia, vítimas de violencia machista.