As eleccións municipais celebradas o 26 de maio de 2019 deron como resultado un goberno do PSdeG-PSOE, con 10 concelleiros/as.

A composición actual do Goberno municipal é a seguinte:

Xosé A. Sánchez Bugallo. Alcalde. Competencias adscritas: Promoción Económica, Emprego, Mercados e Comercio. Voceiro da Xunta de Goberno Local.
alcaldia@santiagodecompostela.gal

Mercedes Rosón Ferreiro. Concelleira responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural. Primeira tenente de alcalde.
mrosonf@santiagodecompostela.gal

Gumersindo Guinarte Cabada. Concelleiro responsable de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo. Delegado do Ano Santo 2021. Secretario da Xunta de Goberno Local. Segundo tenente de alcalde.
gguinartec@santiagodecompostela.gal

María Milagros Castro Sánchez. Concelleira responsable de Políticas Sociais, Saúde, Medio Ambiente e Parques e Xardíns. Terceira tenente de alcalde.
mcastros@santiagodecompostela.gal

Gonzalo Muíños Sánchez. Concelleiro responsable de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Festas. Cuarto tenente de alcalde.
gmuinoss@santiagodecompostela.gal

Marta Abal Rodríguez. Concelleira responsable de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local. Quinta tenente de alcalde.
mabalr@santiagodecompostela.gal

José Manuel Pichel Patiño. Concelleiro responsable de Medio Rural.
jpichelp@santiagodecompostela.gal

Noa Díaz Varela. Concelleira responsable de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas.
ndiazv@santiagodecompostela.gal

José Javier Fernández Martínez. Concelleiro responsable de Centros Socioculturais, Barrios e Obras.
jjfernandezm@santiagodecompostela.gal

María Esther Pedrosa Carrete. Concelleira responsable de Deportes e Benestar Animal.
epedrosac@santiagodecompostela.gal
Compartir: