TURISMO
Nace "Sendas de Santiago" para consolidar a cidade como destino familiar e de natureza
Turismo de Santiago deseña un catálogo de oito sendas naturais para facer andando desde a cidade e poñer en valor turístico o inmenso patrimonio natural de Compostela.
EDUCACIÓN
Publícase a listaxe de prazas adxudicadas no Programa de Conciliación de Semana Santa
A Concellaría de Educación publica hoxe a listaxe de admitidos e de agarda do Programa Municipal de Conciliación de Semana Santa 2023 que se desenvolverá os días 3, 4, 5 e 10 abril de 2023 nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes.
EDUCACIÓN
O Concello destinará 7.500 euros ao XVI certame de Danza Intercentros "Compostela en danza 2023"
A Xunta de Goberno local aprobou onte a memoria programática e económica do XVI Certame de Danza Intercentros 2023, por un importe de 7.533,34 €. Esta cita da cativada e a mocidade coa danza, terá lugar o vindeiro 11 de xuño no Auditorio de Galicia e contará coa participación de arredor dun cento bailaríns e bailarinas.
RELACIÓNS VECIÑAIS
Constitúese o novo Consello de relacións veciñais
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu esta tarde a constitución do Consello de relacións veciñais, e deu a benvida os novos representantes. Trátase dun órgano que ten por obxecto canalizar a particiación cidadá a través de reunións periódicas.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a licitación da primera fase do itinerario ciclista entre a avenida de Romero Donallo, Amor Ruibal e rúa do Hórreo
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión ordinaria, aprobou o proxecto de execución da rede "Itinerarios sostibles para a redución da pegada de carbono (Fase I- entorno Intermodal)", que sae a licitación por 307.519,40 euros, IVE engadido, e un prazo de execución de tres meses. Dos acordos adoptados informou, en rolda de prensa, o alcalde Xosé Sánchez Bugallo.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno municipal aproba a licitación dos fogos do Apóstolo e a adxudicación do sistema EDR de protección informática
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, aprobou o expediente denominado "Servizo de deseño, produción, montaxe e realización do espectáculo pirotécnico das Festas do Apóstolo 2023", cun orzamento base de licitación de 259.994,52 euros IVE engadido. Tamén adxudicou o contrato de "Ampliación da Solución de Protección Avanzada (EDR)" á empresa Telefónica, por un importe de 47.074,45 euros, que contempla un sistema de detección e resposta de ameazas para os 850 equipos de usuario...
ALCALDÍA
Un grupo de alumnos e alumnas do Pío XII entrevista ao alcalde
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo hoxe un encontro cun grupo de alumnos e alumnas de sexto de primaria do CEIP Pío XII. Respondendo ás preguntas dos cativos, o rexedor explicoulles cales son as funcións dun alcalde e como se "constrúe" unha cidade "paso a paso" a través do deseño de proxectos e a aplicación de distintos programas, así como os retos de futuro aos que debe facer fronte a capital de Galicia.
ACCIÓN CULTURAL
O Festival Alguén que respira! pecha o seu programa este martes día 21 de marzo coa celebración do Día Mundial da Poesía e a entrada da primavera
22 ecopoemas servirán de soporte para un recital que une o Teatro Principal e o Salón Teatro nun percorrido insólito. Na xornada de mañá tamén se entregarán os catro premios Respira! de poesía para estudantes. O festival Alguén que respira! é unha iniciativa da Concellería de Acción Cultural do Concello de Santiago para apoiar a poesía en todas as súas expresións, que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
MEDIO RURAL
A Xunta de Goberno Local ten previsto aprobar este luns a apertura do procedemento de adxudicación de dous proxectos de pavimentación en Laraño e A Peregrina
Cunha inversión total superior aos 260 mil euros entre ambos proxectos, o obxectivo é acondicionar o lugar de Coira (Laraño) e o lugar de Aradas (A Peregrina) a través da repavimentación dos núcleos.
MEDIO RURAL
Asinado por todos os grupos da corporación o Pacto polo Rural
O alcalde anunciou que o próximo luns a Xunta de Goberno local daralle luz verde á creación do Consello de Medio Rural con vistas a poder aprobalo no pleno deste mes de marzo. Sánchez Bugallo que comprometeu ademais a chegada da fibra óptica "aos máis de 200 núcleos do rural antes do 31 de decembro deste ano".