1. Responsable do Portal santiagodecompostela.gal

Concello de Santiago de Compostela
Praza do Obradoiro 1, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
Tfno: 981542300

Delegado de protección de datos: dpd@santiagodecompostela.gal

2. Xeral

Os usuarios e usuarias do Portal poden navegar sen necesidade de revelar a súa identidade. Soamente para poder acceder aos servizos que dispoñan de xestión ou trámite específico haberán de introducir os datos persoais imprescindibles para a prestación do servizo solicitado.

O Concello de Santiago de Compostela reservase a facultade de realizar actualizacións e modificacións sobre a información contida no Portal en calquera momento e sen previo aviso.

3. Responsabilidade

O Concello exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web, sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo ao mesmo.

O contido do presente sitio web emítese a efectos meramente informativos, e non substitúe a publicación oficial de leis, actos ou outras disposicións que legalmente haxan de publicarse ou notificarse persoalmente aos interesados.

O Concello non pode garantir que a información publicada no Portal estea libre de erros ou que se contido estea actualizado. Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do BOP, DOG, BOE, DOUE ou de calquera boletín oficial teñen carácter auténtico e validez oficial. Tampouco se pode garantir que a dispoñibilidade do servizo sexa continua e ininterrompida en todo momento, debido á posibilidade de que aparezan problemas técnicos na rede, nos prestadores de servizo de telecomunicacións, etc.

O Concello non se fai responsable dos danos e prexuízos que se puidesen ocasionar polo uso ilexítimo ou inadecuado de ferramentas ou informacións contidas no Portal, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

4. Ligazóns a outros sitios web

Salvo autorización expresa por escrito, non se permite o establecemento de dispositivos técnicos de ligazón que desde páxinas de terceiros dean acceso directo ao sitio web do Concello. Este Portal pode conter dispositivos técnicos de ligazóns a páxinas externas sobre as cales o Concello non se responsabiliza en ningún caso nin respecto dos contidos nin respecto de calquera outro aspecto relacionado coas devanditas páxinas ou o seu acceso.

5. Propiedade intelectual e industrial

Todos os contidos deste Portal, marcas, deseños, logos, material sonoro audiovisual, fotográfico ou calquera outros signos ou elementos susceptibles de protección por dereitos de propiedade intelectual e industrial que formen parte do presente sitio web son propiedade do Concello ou de terceiros que autorizaron debidamente a súa inclusión no mesmo e que figuran como autores ou titulares dos dereitos.

En ningún caso entenderase que se concede licenza algunha ou se efectúa renuncia, transmisión, cesión total ou parcial dos devanditos dereitos, nin se confire ningún dereito, e en especial, de explotación, reprodución, distribución, transformación ou comunicación pública sobre os devanditos contidos sen a previa autorización expresa e por escrito do seu titular.

Isto sen prexuízo de que no Portal se publiquen contidos baixo licenzas específicas para o cumprimento dos obxectivos en canto a transparencia, datos abertos e reutilización de información pública.

6. Protección de datos

Os datos facilitados polos usuarios en determinados formularios que o Concello pon á súa disposición, incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais

O rexistro de actividades de tratamento atópase dispoñible en protecciondedatos.santiagodecompostela.gal. A lexitimación do tratamento pode estar baseada no consentimento das persoas interesadas, o cumprimento dunha obrigación legal, o cumprimento dunha misión realizada en interese público, a protección de intereses vitais, ou a execución dun contrato.

O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais. Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.

EXERCICIO DE DEREITOS: As persoas interesadas cuxos datos estean a ser tratados polo Concello poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia.

Para o exercicio destes dereitos, a persoa interesada poderá presentar unha solicitude dirixida ao alcalde por rexistro, segundo o previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (a oficina principal do Rexistro Xeral atópase en Presidente Salvador Allende 4 baixo, 15705, Santiago de Compostela).

Os usuarios e usuarias poden poñerse en contacto co delegado de protección de datos pola mesma canle ou a través do enderezo de correo electrónico dpd@santiagodecompsotela.gal se considera que algún dos seus dereitos non se ten atendido correctamente.

Así mesmo, tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, mediante escrito dirixido á Axencia Española de Protección de Datos, C/Jorge Juan núm. 6, 28001 Madrid, ou accedendo á sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/

Compartir: