Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 19 de marzo

9.00 h (hora local)
No Centro de Estudos Camilianos, en Vila Nova de Famalicão, a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, participa na reunión do Grupo temático de Deportes do Eixo Atlántico.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e do concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, para presentar a VII edición do Festival Alguén que Respira! Na rolda tamén estarán Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística; e Antón Lopo, director do festival.

11.00 h
No Salón Nobre, recepción ao alumnado do colexio alemán Carl Benz Gymnasium, de Ladenburg, de intercambio co Colexio M. Peleteiro.

12.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Capital Cultural e Turismo, Míriam Louzao, participa na presentación da segunda edición de ‘Os 10.000 peregrinos’.

12.30 h
No CSC Maruxa e Coralia, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, visita a exposición "Economía social no corazón da nosa historia", acompañada polo presidente do Foro pola Economía Social de Galicia, Celso Gándara.

13.45 h
No salón San Marcos do Hostal dos Reis Católicos, recepción a Juan Carlos Unzué, membro da Confederación Nacional de Entidades de Ela – ConEla; a membros da Asociación Galega de Ela AGAELA; e a representantes da USC e da UdC.

19.30 h
No Auditorio Abanca, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á conversa entre o catedrático de medicina legal na USC, Ángel Carracedo, e Juan Carlos Unzué co título "Por unha vida digna".

Compartir: