Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 18 de setembro

10.50 h
No monumento a Manuel Ventura Figueroa (Avda. Antonio Raimundo Ibáñez, Campus Sur), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa nos actos con motivo da I Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando Polo Dano Cerebral’, organizado pola Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE). Ás 10.50 h participa na entrega de premios da carreira e ás 11.00 h súmase á andaina.

13.00 h
Na Praza do Obradoiro, a concelleira Marta Abal recibe as persoas voluntarias do Banco de Alimentos Rías Altas que veñen de percorrer un tramo do Camiño de Santiago.

Compartir: