Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 6 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, para presentar as ‘Xornadas por unha economía global, xusta e sostible’ organizadas pola Plataforma por Empresas Responsables. Na rolda estará tamén a súa coordinadora, Amaya Acero, e Jose Luis Barreiro, coordinador de Entreculturas en Galicia e Asturias e representante da Coordinadora Galega de ONGD.

11.30 h
Na Alcaldía, xuntanza entre a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o alcalde de Ames, Blas García. GRÁFICOS E DECLARACIÓNS ÁS 11.30 h.

11.45 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao alumnado participante no programa Verán CampUSC 23, organizado pola Fundación USC.

Compartir: