Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 4 de setembro

11:00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, para presentar a Semana Cultural de Conxo.

11:30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, para presentar das actividades do programa Patrimonio C. Interveñen tamén a deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, o director xeral de Trivium, César Abella e o xestor cultural da mesma entidade, Manuel Rial.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Turismo, Míriam Louzao, e de Deportes, Pilar Lueiro para presentar presentan aos novos xogadores do Obradoiro, Brad Davison u Sergi Quintela. Á presentación asistirá tamén o adestrador do equipo, Gonzalo Rodríguez.

17.30 h
No Auditorio do CGAC, proxección do filme Allons Enfants (2022, dir. Thierry Demaizière, Alban Teurlai, Francia, 114 min, VOSE) no marco do Festival HerDanza. Acceso libre e de balde.

20:15 h
No Espazo X da Cafetería do CGAC, Jam no Solpor, espazo de danza aberto ao encontro de todos os estilos e idades, no marco do Festival HerDanza. Acceso libre e de balde.

Programación completa en www.herdanzafestival.org

Compartir: