Previsións informativas para o sábado 4 de maio
11.00 h
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no paseo lingüístico ‘Compostela e as orixes da lingua’, unha andaina sobre as orixes de Santiago de Compostela e a súa
relación coa lingua galega, organizado polo Departamento de Lingua do Concello. Saída da praza da Pescadería Vella.
12.00 h
Na Zona C, encontro ‘Autoedición como supervivencia: fanzines para a resistencia feminista e LGTBIQ+ en Galicia' a cargo da investigadora da USC María Gil Martínez. O encontro forma parte das actividades paralelas da exposición ‘#Punctum’ e do programa ‘Mulleres en cadriños’ que coordina Neves Rodríguez. Acceso libre até completar capacidade.
17.00 e 18.00 h
No Teatro Principal, a compañía A Xanela do Maxín presenta ‘Coliño’ un espectáculo concibido para bebés de até 2 anos de idade que forma parte do ciclo 'Por Vez Primeira' de Compostela Cultura. Entradas esgotadas
17.30 h
Na sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no acto aberto e participativo "Celebremos o termo feminista de Compostela", que pecha a campaña do #8M ‘Construamos o termo feminista de Compostela’.
20.30 h
No Auditorio de Galicia representación de ‘La comedia de los errores’, unha obra de Mixtolobo e Festival de Mérida dirixida por Andrés Lima e protagonizada por Pepón Nieto, Antonio Pagudo, Fernando Soto, Rulo Pardo, Avelino Piedad e Esteban Garrido. A montaxe conta co apoio do programa PLATEA do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM) e forma parte do Foco A Voltas cos Clásicos de Compostela Cultura.