Previsións informativas para o venres 3 de maio
10.00 h
No Hotel NH, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no ‘Foro Conversa: mobilidade e concepto de cidade’, organizado por Radio Galicia-Cadena SER. Tamén participan os concelleiros de Mobilidade, Xan Duro (10.15 h), e de Urbanismo, Iago Lestegás (11.00 h).
10.30 h
No Pazo de Fonseca, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no acto de apertura do no I Congreso Galego de Psicoloxía de Emerxencias "Sostendo emocións nas emerxencias", organizado polo Colexio Oficial de Pscicoloxía de Galicia.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular José Ramón de la Fuente sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
No Paraninfo da Universidade, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto de Investidura de Francesco Tonucci como Doutor Honoris Causa pola USC
16.30 h
Na Cidade da Cultura (Biblioteca e Arquivo de Galicia), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no acto de recoñecemento a Nélida Piñón coa lectura continuada da obra ‘A república dos sonhos’.
20.30 h
No Teatro Principal, respresentación de ‘O punto impropio A/S/V’ un espectáculo de danza do coreógrafo e investigador Javier Martín. Ao remate do espectáculo, o artista manterá un coloquio co público na sesion de #posfunción. O espectáculo forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía para presentar os resultados do obradoiro de composición que se desenvolve do 29 de abril ao 3 de maio. Baldur Brönnimann dirixe a orquestra neste concerto de entrada libre até completar capacidade.