Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o martes 21 de maio
11.00 h
Na Hospedería de San Martiño Pinario, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, participa no acto de entrega de diplomas e presentación do balance de actividades da área de emprego de Cáritas Diocesana de Santiago.
18.30 h
No Teatro Principal, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao Festival da área de Música e Movemento da Escola Municipal de Música.
19.30 h
Na rúa da Oliveira, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preside o acto de nomeamento da praza existente na devandita rúa como ‘praza da Oliveira-Pilar Pereira’.