Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 2 de maio

De 11 a 14 e de 16 a 19 h
No Teatro Principal, 'SOMA | Laboratorio cinestésico', un obradoiro arredor das artes do movemento conducido polo coreógrafo e investigador Javier Martín. De balde previa inscrición na web de Compostela Cultura.

11.00 h
Na Casa Xohana Torres, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na xuntanza de presentación e posta en común das conclusións da campaña do 8M "Construamos o termo feminista de Compostela". SÓ GRÁFICOS.

11.00 h
No Hotel Oca Puerta del Camino, o concelleiro Iago Lestegás asiste ao acto de presentación da ‘Memoria de actividades da Igrexa en Galicia’.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Festas, Pilar Lueiro, e de Centros Socioculturais, Xan Duro, sobre a Festa do Banquete de Conxo.

11.30 h
No Ambigú do Teatro Principal, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da Gala dos Premios Follas Novas. Na rolda tamén estarán Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente de AELG; Henrique Alvarellos, presidente de AGE; Óscar Corral, vicepresdente de FLG; e un representante da Xunta de Galicia.

14.00 h
No Salón Nobre, recepción ás persoas participantes no I Congreso Galego de Psicoloxía de Emerxencias "Sostendo emocións nas emerxencias", organizado polo Colexio Oficial de Pscicoloxía de Galicia.

Compartir: