Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 18 de maio

17.00 h
No parque de Vista Alegre (na entrada da rúa Pelamios), o concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, participa no acto de presentación do hotel de polinizadoras, enmarcado nas actividades do Día Mundial da Abella 2024. Despois do evento, as persoas asistentes poden participar nun obradoiro ambiental.

18.00 h
No Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), performance ‘Strings’, con Grace Schwindt e Macarena Montesinos ao abeiro do festival Plataforma. Estrea absoluta. Entrada libre até completar capacidade.

20.00 h
Na Fundación SGAE, ‘El lugar de los pasos perdidos’, performance de danza de Mónica Valenciano ao abeiro do festival Plataforma. Ás 21.00 h, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, entrégalle o premio Plataforma deste ano a Mónica Valenciano.

20.30 h
No Teatro Principal, o Grupo Ouriol presenta ‘Ritos de resistencia’, un recital multidisciplinar con poesía, música e imaxe que ten como eixo central os poemas de Luísa Villalta, a autora á que este ano se lle dedida o Día das Letras Galegas. Con Eva Veiga, Bernardo Martínez, Fito Ares e Alfonso Costa. De balde previa retirada de convites (máx. 2 por persoa).

Compartir: