Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 17 de maio

19.00 h
Na Fundación CGAC, performance ‘Perder os papeis. Palabra ferida’, de Neves Seara ao abeiro do Festival Plataforma. Estrea absoluta. Acceso libre até completar capacidade.

20.30 h
No Teatro Principal, a compañía Sarabela Teatro presenta ‘Made in Galiza’ unha peza creada a partir da novela homónima de Sechu Sende, dirixida por Fina Calleja e cun elenco conformado por Fernando Dacosta, Sabela Gago, Elena Seijo e Josito Porto. O espectáculo forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Compartir: