Previsións informativas para o xoves 16 de maio
10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, para presentar o Campionato Galego de Billarda 2024. Tamén asisten: Xan Rodiño, membro do Comité técnico de Billarda; Luís Fontán, vicepresidente da Federación Galega Deporte Autóctono, modalidade Billarda; e José Manuel Veleiro e Lola Souto, do club de billarda Rinoceronte.
11.00 h
No Salón Nobre, acto institucional con motivo do Día das Letras Galegas. Recitado de poemas a cargo das escritoras Marga Romero e Esperanza Mariño e lectura da declaración institucional do Concello de Santiago.
11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Adrián Villa sobre asuntos de carácter local.
20.00 h
Na praza de Praterías, performance ‘Coma un cento de paxaros’, de Benxamin Otero e o Coro da Ra ao abeiro do festival Plataforma. Estrea absoluta. Acceso libre.
20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto ‘Sons adormecidos’ da Real Filharmonía de Galicia. Enrico Onofri dirixe a orquestra nun programa con composicións de L. Cherubini, A. Sacchini, J. M. Kraus, F. Paër e L.V. Beethoven. Antes do inicio do concerto, o director Enrico Onofri participará na sesión ‘Conversando con…’ que arranca ás 19.45 horas na Sala Mozart do Auditorio.
20.30 h
No Teatro Principal, a compañía Sarabela Teatro presenta ‘Made in Galiza’ unha peza creada a partir da novela homónima de Sechu Sende, dirixida por Fina Calleja e cun elenco conformado por Fernando Dacosta, Sabela Gago, Elena Seijo e Josito Porto. Ao remate do pase, o equipo participará na posfunción, un faladorio co público sobre esta montaxe teatral. O espectáculo forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios.