Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 6 de abril

17.30 h
Na rúa de San Francisco, o concelleiro Xesús Domínguez dá o pistoletazo de saída á carreira ‘Os 10.000 Peregrinos’. Ás 20.00 h, na praza do Obradoiro, a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, participa no acto de entrega de premios.

20.30 h
No Teatro Principal, a compañía de danza Furia Sotelo leva á escena ‘Mortais e vulnerables’, un espectáculo integrado no circuíto Danza a Escena do INAEM. Ao remate do pase haberá posfunción co equipo responsable da peza.

Compartir: