Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 5 de abril

10.00 h
No IES de Sar, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto de celebración do XXX aniversario do centro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros Pilar Lueiro e Xan Duro para presentar un avance da Festa do Banquete de Conxo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

15.15 h
No Auditorio de Galicia, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, mantén un encontro con representantes do Parthership Greening Cities da Comisión Europea.

19.00 h
No Pazo de Fonseca, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto de celebración do patrón do Colexio de Avogados, San Raimundo de Peñafort.

20.00 h
No Centro Sociocultural de Conxo, inauguración da exposición fotográfica ‘Á primeira vista’, de Adrián Martínez.

20.30 h
No Teatro Principal, a compañía de danza Álvaro Murillo presenta ‘Flamenco Futuro’, un espectáculo que forma parte do circuíto Danza a Escena do INAEM e que se integra no Foco NeoTrad da programación escénica de Compostela Cultura.

Compartir: