Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 4 de abril

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, para presentar o IV Cross solidario en favor da investigación de Duchenne e Becker "Unha tarde con Samuel". Na rolda estarán tamén Martiño Rozas, do Noitebra FC; e Juanma Mata, apoderado da asociación na zona de Santiago.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Mercedes Rosón sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do sindicato CIG sobre asuntos de carácter local.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto ‘Devoción Wagneriana’, da Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a dirección de Dima Slobodeniouk. O concerto forma parte do programa de Abono Auditorio de Galicia-RFG.

Compartir: