Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 3 de abril

9.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, participa na inauguración da xornada "Mobilidade Sostible: a electrificación do transporte", organizada pola Confederación de Empresarios de Galicia.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Borja Verea, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No Teatro Principal, entrega de premios da sétima edición do certame Enreguéifate, impulsado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo. Asiste a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Compartir: