Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 2 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, para presentar a exposición ‘#Punctum. Beliscos de BD na arte contemporánea galega’. Interveñen tamén o comisario da mostra, Íñigo Rodríguez, e a directora do programa de actividades complementarias, Neves Rodríguez.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, e da concelleira responsable de Comercio, María Rozas, para presentar a actividade "O Museo máis pequeno da cidade". Na rolda tamén participarán as animadoras socioculturais Sandra Quintana e Teresa Otero.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, inauguración da mostra ‘#Punctum. Beliscos de BD na arte contemporánea galega’ coa presenza da alcaldesa Goretti Sanmartín; a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao; o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López; a directora do programa ‘Mulleres en Cadriños’ do que forma parte a mostra, Neves Rodríguez; o comisario da exposición, Íñigo Rodríguez e as creadoras que participan na mostra.

Compartir: