Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 16 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, sobre o programa da SELIC 2024, coa confirmación de datas e algúns nomes fundamentais desta edición. Tamén estará Camilo Franco, director do Festival da Lectura.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Sustentabilidade Ambiental e Obras, Xesús Domínguez, para presentar o programa de asfaltados.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Festas, Pilar Lueiro, para presentar o COMPOSFEST. Na rolda tamén estarán Antonio López, reitor da USC; Javier Martín, responsable da área de educación de LENOVO; Miguel Fernández, xerente da SD Compostela; e Mónica Mejías, de Correveydile, empresa organizadora

Compartir: