Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 12 de abril

10.30 h
Na Facultade de Ciencias da Comunicación (rampla de acceso), a alcaldesa, Goretti Sanmartín, participa no acto de presentación de "éBici USC", un proxecto piloto de préstamo de bicicletas impulsado pola Universidade de Santiago en colaboración co Concello. No acto tamén participarán Antonio López, reitor da USC; Xan Duro, concelleiro de Mobilidade; Xabier Ferreira, xerente da Universidade de Santiago; e Javier Rico, delegado do reitor para o deporte.

11.45 h
No Salón Nobre, recepción á alcaldesa de Santo Domingo, Carolina Mejía.

12.15 h
No Salón Nobre, recepción ao alumnado de 3º e 4º da ESO da escola danesa Rödovre Gymnasium, que participa no proxecto Erasmus co colexio Compañía de María.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, para presentar o Campionato de España de Baloncesto, categoría cadete, que se organiza en Santiago. Na rolda tamén estarán o seleccionador nacional, Miguel Méndez, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Xulio Bernández.

12.30 h
Na Audiencia provincial de Fontiñas, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á toma de posesión do Fiscal Xefe da Área en Santiago de Compostela, Antonio Roma Valdés.

20.30 h
No Teatro Principal, a Compañía Nacional de Teatro Clásico presenta 'Macho Grita', con dirección, dramaturxia e interpretación de Alberto San Juan. O espectáculo forma parte do Foco A voltas cos clásicos de Compostela Cultura.

Compartir: