Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 11 de abril

15.30 h
No Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida), a tenenta de alcaldesa, María Rozas, participa na inauguración da X edición do Encontro Internacional de Xóvenes Emprendedores

19.30 h
No Teatro Principal, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preside o Acto de entrega de Títulos, Honras e Condecoracións do Concello de Santiago. Ás 18.30 h, farase unha foto de familia para os gráficos.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto 'A paixón de Simone' da Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Joana Carneiro, e con Sebastian Zinca como director asistente. Nel participan Karen Vourc'h (soprano), Inés Salvado (actriz-narradora), Inês Pedruco (bailarina) e o coro conformado por Ângela Alves, Joana Valente, André Lacerda e Luis Pereira. Ás 19.45 horas, sesión 'Conversando con...' Joana Carneiro. O concerto, realizado en colaboración coa Asociación de Amigos da Ópera de Santiago, forma parte do programa de abono RFG-Auditorio de Galicia.

Compartir: