Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 9 de marzo

17.30 h
No pavillón de Vite, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, asisten ao partido de hóckey HC Raxoi-Rochapea (Navarra).

18.30 h
No Auditorio de Galicia, representación de ‘Paüra’, da Compañía Lucas Escobedo, un espectáculo ao abeiro do ciclo "En familia" de Compostela Cultura que forma parte do programa PLATEA do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM).

20.30 h
No Teatro Principal, representación de ‘Ceibe’, de Fran Sieira Compañía de Danza. Un espectáculo que forma parte do Foco NeoTrad de Compostela Cultura. Asiste a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Compartir: