Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 8 de marzo

11.00 h
No Salón Nobre, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preside o acto de lectura do manifesto con motivo do Día Internacional das Mulleres. A continuación, celebrarase o acto de entrega do Premio Xohana Torres.

13.15 h
No Parque de Bombeiros, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na recepción con motivo da festividade de San Xoán de Deus, patrón dos bombeiros.

19.00 h
En San Cristóbal de La Laguna, o concelleiro Iago Lestegás asiste ao concerto con motivo do XXX aniversario das Cidades Patrimonio.

20.30 h
No Teatro Principal, representación de 'Deadpan Karaoke', de Ibuprofeno Teatro, protagonizada por Marián Bañobre baixo a dirección de Patricia Rodríguez.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto ‘Ondas de inspiración’ da RFG Johanna Malangré dirixe a orquestra neste concerto (En)Foco que conta con participación do alumnado da EAEM e con comentarios sobre o programa da musicóloga Rosa Fernández. O recital forma parte do Programa de Abono Auditorio de Galicia-RFG.

Compartir: