Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 5 de marzo

10.30 h
No Salón Nobre, recepción ao alumnado da escola de Weinheim (Alemania), do ciclo superior de FP na rama de Comercio, que esta a visitar o IES A Pontepedriña.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, para presentar a proposta de protocolo entre o Concello e a Xunta para a integración urbana do CHUS.

12.00 h
Na Praza do Obradoiro, minuto de silencio polas persoas veciñas de Laraño falecidas o domingo 3 de marzo nun tráxico accidente de tráfico.

12.05 h
No Salón Nobre, recepción ao alumnado de 2º de EP do CEIP de Vite.

19.00 h
No Museo do Pobo Galego, presentación do libro ‘Alfredo Vilas. O republicanismo irredutible do esquecido Castelar Galego’. No acto participarán a alcaldesa e presidenta do Consorcio de Santiago, Goretti Sanmartín; Belén Hernández, xerente do Consorcio; Concepción Losada, presidenta do padroado do Museo do Pobo Galego; Paco Macías, director da editorial Positivas; e o autor da obra, Gonzalo Vilas.

Compartir: