Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 4 de marzo

Nota: enviarase información sobre a Xunta de Goberno local

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, para presentar as actividades con motivo do 8M.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude en funcións, Xan Duro, para presentar o programa "Somos Cultura". Na rolda tamén participarán Xacobe Martínez Antelo, director artístico da campaña, e Inés Portela, coordinadora de comunicación.

Compartir: