Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 23 de marzo

12.30 h
No ambigú do Teatro Principal, café-faladoiro ‘Un mundo en conflito’ do Festival Alguén que respira!. Con Cristina Sánchez e Iván Pardo

18.00 h
No Teatro Principal, sesión ‘Atravesei a cerca’ do Festival Alguén que Respira!, unha visita aos ámbitos de acceso restrinxido do Teatro Principal que permite escoitar as propostas de Olalla Cociña, Dores Tembrás, José María Cumbreño e Luís López Alonso con Rafael Mallo.

20.00 h
No Teatro Principal, proxeccións da Sección Oficial Galicia no marco da 19ª edición da MICE. En pantalla, as curtametraxes 12 de maio de 1937, de Mar Caldas, e Lavadoiro, de Ana Amado e Lois Patiño.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Salvador Sobral para a presentacion de Timbre, o último disco do artista portugués. Asiste a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao.

20.45 h
No Multiúsos Fontes do Sar, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao partido de baloncesto que enfrontará ao Obradoiro e ao Breogán.

22.00 h
No Teatro Principal, a Sección Oficial Internacional da 19ª edición da MICE proxecta El signo vacío, de Kathryn Ramey.

22.00 h
Na Igrexa da Universidade, clausura da sétima edición do Alguén que respira! cun encontro onde a música e a poesía se mesturarán da man de Guadi Galego, Alidé Sans, Eskarnia e No Poet.

Compartir: