Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 21 de marzo

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, para presentar o campionato galego de Judo Rías Altas. Na rolda tamén estará Javier Rial Seoane, presidente e adestrador do Compostela Judo Club.

11.00 h
No Xardín de Fonseca, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preside o acto de celebración do Día Internacional dos Bosques.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, para presentar a convocatoria 2024 de proxectos de creación artística e comisariado para a Zona C Punto de información Cultural. Na rolda tamén estará Chus Busto, responsable de exposicións do Auditorio de Galicia.

12.30 h
No ambigú do Teatro Principal, café-faladoiro ‘Escribir en territorio de conflito’ do Festival Alguén que respira!. Con Alfonso Armada e Carmen Villar Alonso.

19.30 h
Dende os balcóns do Teatro Principal, e no marco da sétima edición do Festival Alguén que Respira!, lectura do manifesto elaborado por Alfonso Armada polo Día Mundial da Poesía.

20.00 h
No Teatro Principal, recital inaugural da sétima edición do Festival Alguén que Respira!, coas intervencións de André Tecedeiro, Gustavo Giménez, María Sevilla París, María do Cebreiro e Abe Rábade. Asiste a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

20.00 h
No Salón Teatro, proxeccións da Sección Oficial Galicia no marco da 19ª edición da MICE. En pantalla, A revolución é probable, de María Ruído, Paula Barreiro-López e Lee Douglas, e Habitar, de Anxos Fazáns.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto ‘Dous continentes’ da Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de Jessica Cottis e coa intervención da saxofonista Amy Dickson. Ás 19.45 horas, sesión ‘Conversando con…’ Jessica Cotis na Sala Mozart do Auditorio. Asiste a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao.

22.00 h
No Salón Teatro, a Sección Oficial Internacional da 19ª edición da MICE proxecta Onde fica esta rúa?, de João Pedro Rodrigues e João Rui Guerra da Mata.

Compartir: