Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 15 de marzo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, para presentar o XXI Duatlon Cidade de Santiago e o XXIV Duatlon Escolar Cidade de Santiago. Na rolda tamén estarán Juan Carlos Ageitos Sampedro, delegado da Federación Galega de Triatlón na comarca de Santiago; e Paloma Herbello Hermelo, presidenta do Club Triatlón Santiago.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, para presentar Correlingua 2024. Na rolda tamén estarán Suso Bermello García, secretario nacional da CIG-Ensino; Anxo Terán Comesaña, presidente da Asociación Cultural Correlingua; e Celia Armas García, secretaria xeral da Mesa pola Normalización Lingüística.

16.15 h
No Teatro Principal, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na xornada ‘Intérpretes galegas na emigración e no exilio’ que organiza o Consello da Cultura Galega.

20.30 h
No Teatro Principal, representación de Manuela Rey is in da house unha coprodución teatral entre o Centro Dramático Galego, o Teatro Nacional Dona Maria II, o Teatro Nacional São João e o Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana. Ao remate da obra, sesión de posfunción co equipo responsable desta montaxe teatral.

Compartir: