Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 13 de marzo

9.00 h
Na Cidade da Cultura, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, inaugura a XVI edición do Congreso Internacional sobre Procesamento Computacional do Portugués PROPOR-2024.

10.30 h
No Salón Nobre, recepción a Protección Civil de Santiago con motivo do seu 28 aniversario.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, para presentar o ciclo De Lugares e Órganos. Na rolda tamén estará Belén Bermejo, directora artística do ciclo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, para presentar a XVI edición do Trofeo Cidade de Santiago de Judo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Dereitos e Servizos Sociais en funcións, Xan Duro, para presentar as actividades relacionadas co Día do Ril. Na rolda tamén participarán Alfredo Saborido, coordinador de Alcer Coruña, e Miguel Fernández, director de Marketing da SD Compostela.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular José Ramón de la Fuente sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, preside a reunión de alcaldes e alcaldesas dos municipios implicados no proxecto de comarcalización do parque de bombeiros. Haberá declaracións ao inicio da alcaldesa e do concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro.

19.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no acto de homenaxe a presidentes da CRUE (Conferencia de Reitores de Universidades Españolas).

Compartir: