Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 12 de marzo

10.00 h
No ambigú do Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA de presentación de Manuela Rey is in da house, unha coprodución teatral entre o Centro Dramático Galego, o Teatro Nacional Dona Maria II, o Teatro Nacional São João e o Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana. Interveñen a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil; o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez; a vicedirectora do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT-CSIC), Cristina Sánchez Carretero, e a actriz Raquel Crespo.

10.00 h
Na praza do Toural, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, visita a carpa con motivo do Día Mundial do Ril.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, para presentar a VIII edición da carreira SantYaGo 10K.

12.15 h
No Salón Nobre, recepción ao cónsul dos EE.UU. en España, Rafael Andrade.

14.00 h
Na sede do Consorcio, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preside a comisión executiva e a asemblea do órgano interadministrativo. (SÓ GRÁFICOS).

19.00 h
No Auditorio, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preside a Gala de entrega de premios da XV edición do Santiago(é)tapas.

Compartir: