Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 1 de marzo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Adrián Villa sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, para presentar as actividades do Programa Apego.

12.15 h
Na sala de prensa do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación do encontro solidario entre a SD Compostela e a RS Gimnástica de Torrelavega no que se recollerán produtos non perecedoiros a favor do Banco de Alimentos de Santiago. Na rolda tamén estarán o presidente do Banco de Alimentos Rías Altas Santiago, Manuel Mora, e o xerente do club, Miguel Fernández.

13.45 h
No edificio Cersia, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na clausura da xornada `Fomento da contratación reservada e compra responsable en sectores específicos da economía social en entidades locais’. Ás 10.45 h, o concelleiro de Dereitos e Servizos Sociais en funcións, Xan Duro, participa na mesa redonda ‘Xestión de contratos reservados’.

Compartir: