Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 14 de xullo

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e da xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, para presentar a nova campaña do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino.

11.30 h
No parque da Música en Compostela (parque do Auditorio de Galicia), presentación da Temporada de Abono do Auditorio de Galicia-Real Filharmonía de Galicia 22-23. Asisten a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o director artístico da Real Filharmonía, Paul Daniel; a directora técnica da Real Filharmonía, Sabela García, e o xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López.

13.30 h
No Salón Nobre, recepción aos membros fundadores, actual directiva e socios da Asociación de Comerciantes Compostela Monumental con motivo do seu 30º aniversario.

Compartir: