Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 26 de decembro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

18.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita Multixogo Nadal.

20.00 h
No Teatro Principal, a concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, asiste á proxección da reportaxe "30 anos facendo camiño", realizado con motivo do 30 aniversario do CIM Santiago.

Compartir: