Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 21 de decembro

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2022/00055745R.
Aprobación, se procede, das actas correspondentes ás sesións extraordinaria urxente e ordinaria dos días 14 e 30 de novembro de 2022.
2. PLANEAMENTO. Referencia: 2022/00014663C.
Aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) no ámbito do PERI-12. Antigo colexio Manuel Peleteiro.
3. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2022/00055745R.
Ratificación da inclusión e aprobación, se procede, do proxecto para a renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestrutura verde.
4. AREA IX.- MEDIO RURAL. Referencia: 2022/00031266V.
Levantamento de reparo e aprobación, disposición e recoñecemento de obrigas correspondentes á obra "Ampliación da rede de abastecemento en Ponte Alvar".
5. AREA IX.- MEDIO RURAL. Referencia: 2022/00038400K.
Levantamento de reparo e aprobación, disposición e recoñecemento de obrigas correspondentes á obra "Ampliación da rede de abastecemento en Piñeiro de Enfesta, Frades e Gunin (Enfesta).
6. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2022-LRP-01.
Levantamento de reparo de competencia plenaria da relación da orde de pagamento núm. P/2022/273.
7. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2022-REC-03.
Levantamentos de reparo de competencia plenaria e o REC para aprobar gastos rexistrados na conta 413 e outros gastos devengados no exercicio 2021 por importe total de 221.446,05 euros.
8. Proposición da Corporación Municipal de Pacto polo Rural.
9. Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para actualizar a normativa urbanística destinada a revitalizar a cidade histórica, coa protección dos edificios e do comercio tradicional, co obxectivo de incrementar o seu censo de residentes.
10. Proposición presentada polo grupo municipal de CA para que o concello continúe a impulsar novos itinerarios escolares seguros e a recuperación do programa "colecamiños".
11. Proposición presentada polo grupo municipal do PP sobre o incremento da transparencia e a participación institucional por parte do goberno local.
12. Proposición presentada polo grupo municipal de CA para aumentar as axudas para a rehabilitación de edificios coa instalación de ascensores e os ámbitos para a súa aplicación.
13. Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
14. Comparecencia do concelleiro delegado de mobilidade, seguridade cidadá e festas.
15. Comparecencia do concelleiro de mobilidade e seguridade cidadá, barrios e relacións veciñais.
16. Rogos, preguntas e interpelacións.
Interpelación:
1. Formulada polo PP en relación á Vía Verde.
Rogos:
1. Formulado por CA sobre elementos perigosos na intersección da rúa dos Concheiros con Rodríguez de Viguri.
2. Formulado por CA para habilitar un espazo de "paso e parada" ou "estacionamento express" nas inmediacións da escola infantil de Conxo.
3. Formulado polo BNG para retirar os entullos e material de obra acumulados nunha parcela municipal en Salgueiriños.
4. Formulado polo PP para a axilización da autorización das tarxetas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida ou dependencia.
5. Formulado por CA para eliminar a actual rotonda situada na rúa do Hórreo con San Pedro de Mezonzo.
Preguntas resposta oral:
1. Formulada polo PP sobre a falta de execución do proxecto de "acondicionamento do camiño agrícola en Requesende-Sabugueira".
2. Formulada por CA sobre os traballos desenvolvidos polo tractor rozador adquirido con cargo aos orzamentos participativos.
3. Formulada por CA sobre o convenio entre o concello e a Xunta de Galicia para mellorar a accesibilidade e a mobilidade no contorno do CHUS.
4. Formulada polo BNG sobre pintado de paso de peóns na rúa do Campiño de San Francisco.
5. Formulada polo PP sobre a execución do proxecto para o aparcamento da rúa Triacastela.
6. Formulada polo PP sobre as vías municipais que foron obxecto de análise e modificación dos límites de velocidade.
7. Formulada polo PP sobre a inmediata protección do recinto deportivo de Figueiras e a previsión de licitación e execución das obras inconclusas.
8. Formulada por CA sobre horarios da biblioteca pública municipal "José Saramago".
17. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1. Presentada polo PP para urxir a licitación e execución da senda peonil a Figueiras e outras melloras na Aba do Monte Pedroso.
2. Presentada polo BNG para a mellora dos servizos básicos municipais no núcleo da Aba do Pedroso.
3. Presentada por CA para impulsar a senda peonil de Figueiras e acometer diferentes melloras reclamadas pola asociación veciñal Aba do Pedroso.
4. Presentada por CA para impulsar de forma urxente o Plan municipal de xuventude e unha convocatoria de proxectos para desenvolvelos no Centro Xove da Almáciga.
5. Presentada polo BNG para o urxente acondicionamento da praza da Mercé de Conxo.
6. Presentada polo PP para transparentar a xestión da "liña verde".
7. Presentada por CA para que o concello e a Xunta de Galicia atendan e solucionen varias urxencias no CEIP López Ferreiro.
8. Presentada conxuntamente polos grupos municipais do BNG, de CA e do PSde-G-PSOE en relación á campaña da ILP para a regularización extraordinaria das persoas migrantes no estado español promovida pola Plafaforma Esenciales.

18.00 h
No salón nobre do Pazo de Fonseca, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega do título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago a Victor Manuel Vázquez Portomeñe.

Compartir: