Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 19 de decembro

11.00 h
No CSC de Santa Marta, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao evento de fin de proxecto de Smartiago.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

20.00 h
No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega dos Premios Manuel Beiras.

Compartir: