Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 17 de decembro

9.30 h
No CGAC, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no acto de homenaxe a José Saramago organizado por AGAL.

12.00 h
Na avenida Xoán XXIII (diante da Biblioteca Pública Ánxel Casal), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a escultura en homenaxe a Ánxel Casal.

12.30 h
En San Martiño Pinario, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita o Mercado da Estrela.

18.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao partido entre o Monbus Obradoiro e o Joventut de Badalona.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Sés que presenta ‘Diante un eco’.

Compartir: