Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 14 de decembro

10.00 h
No CSC do Ensanche, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na apertura do II Congreso Centros Comerciais Abertos de Galicia.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín e da deputada do Parlamento de Galicia Iria Carreira, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro; da xerente de Viaqua, Ana Tejeiro; do presidente da Asociación Hostelería Compostela, Thor Rodríguez; e do xerente de Compostela Monumental, José Ángel Blanco, para presentar a campaña de concienciación para a cidadanía "Nos sumidoiros só auga de chuvia".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No salón nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega do XV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados.

18.00 h
Na entrada da biblioteca Concepción Arenal, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, saúdan o colectivo de alumnos ‘Disco Conchi USC’, organizadores da II Recollida de Alimentos de Nadal.

19.00 h
Na Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes), a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, inaugura ‘Sequitur’ de Julia Huete, nun acto no que tamén participa a propia artista.

20.00 h
No Centro Empresarial do Tambre, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto conmemorativo do día do asociado da Asociación Área Empresarial do Tambre.

Compartir: