Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 13 de decembro

10.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar 'Sequitur' de Julia Huete, a nova intervención que se poderá ver na Zona C. Na rolda participa tamén a artista.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Políticas Lingüísticas, Rubén Prol, para presentar a Festa do Apego.

11.30 h
No salón nobre do Pazo de Raxoi, acto de homenaxe ao persoal xubilado no ano 2022.

14.00 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de clausura do I Congreso de Modistas de Galicia.

18.00 h
No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a Gala Especial 20 Aniversario 1º Premio APD ao directivo/a do ano.

Compartir: