Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsions informativas para o xoves 17 de setembro
10.00 h
En Pontevedra (Teatro Principal), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na Conferencia de alcaldes do Eixo Atlántico.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o festival Algúen que respira! Na rolda tamén estará o director do mesmo, Antón Lopo.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
19.30 h
Na Praza das Praterías, concerto da Banda de Música de Santiago: Concerdances
20.30 h
No Auditorio de Galicia, representación de Mrs. Dalloway (Entradas esgotadas)