Previsións informativas para o xoves 12 de decembro
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Marta Lois sobre asuntos de carácter local.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas de Igualdade, Noa Díaz, para presentar a Festa do Apego e a web do departamento de lingua.
12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa asociación Composcleta.
17.30 h
No Hostal, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á apertura do VIII Congreso Autonómico de CSIF.
20.30 h
No Auditorio de Galicia, "Mesías participativo" de Haendel coa Real Filharmonía de Galicia, o coro Barcelona Ars Nova e coros afeccionados, dentro do Programa de Abono do Auditorio de Galicia-RFG e en colaboración coa Obra Social La Caixa. Dirixidos por Robert Howarth, coa soprano Elisa Wilson, a alto Catherine Hopper, o tenor Guy Cutting, a baixo Morgan Pearse e a directora dos coros Mireia Barrera.