Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 12 de xullo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar as actuacións de Compostela É! Música dentro do programa das Festas do Apóstolo 2017. Na rolda tamén estarán Xabier Mera e Xesús Silva, membros da asociación.

18.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos participantes na XII edición dos Xogos Eixo Atlántico.

19.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos participantes no Congreso OPTOELL 2017.

20.00 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas, Asemblea de Apoios dos Orzamentos Participativos para o Rural: Santa Cristina e San Xoán de Fecha, A Peregrina, San Caetano, Grixoa, Verdía, Busto, Nemenzo, Marantes, A Barciela, Enfesta, Carballal, Sabugueira, Bando, Figueiras, Villestro, Laraño, Aríns, O Eixo e Marrozos.

10-14 h e de 16-20 h
A exposición "Alén dos xéneros. Prácticas artísticas feministas en Galicia", comisariada por Anxela Caramés pode ser visitada no Auditorio de Galicia en horario de 10-14 h e de 16-20 h. A entrada é libre.

20.30 h
No Teatro Principal, Gala concerto de inauguración do VII Festival Internacional Peregrinos Musicais.

21.00 h
O Auditorio de Galicia acolle a primeira das representacións do Annus Horríbilis de Chévere. A obra enmárcase no ciclo Chévere 3.0, que a compañía teatral ofrece con motivo do seu trinta aniversario.

21.00 h
No Hotel NH Collection a banda portuguesa Stone Dead protagoniza o terceiro dos concertos de TerraZeando 2017. A entrada é de balde.

Compartir: