Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 8 de maio

11.00 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao simulacro organizado pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, en colaboración coa Cruz Vermella e a Sociedade Española de Cardioloxía, no que se mostrará como funciona o PROGRAMA ACODE E AXUDA nun entorno público, fóra do ámbito sanitario.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, nos Didácticos Audiovisuais, sesión de curtametraxes de animación clásicos, pezas musicais e outros contidos aptos para público infantil. De balde, previa reserva.

11.00 h
No Teatro Principal, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, asiste a unha das sesión do XXII certame de Teatro Intercentros.

11.00 h
Na praza do Toural, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste á concentración solidaria organizada pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar unha nova edición da actividade solidaria Trócame Roque.

12.00 h
Na praza da Quintana, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acode ao peche de Correlingua 2017.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

Compartir: