Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para mércores 31 de maio

9.30 h
Na EGAP, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste á xornada 'Os retos da cooperación municipalista na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible'.

11.00 h
Na Fundación Granell, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao Maratón de Lectura dedicada a Manuel Antonio.

11.00 h
Na Cidade da Cultura (Sala Eisenman) ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o "Galicia Maker Faire". Na rolda estarán a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, e os organizadores do evento, Enrique Saavedra e Matilde Rodríguez.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, para presentar os actos do 40 aniversario da Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela e os que terán lugar con motivo do día da Lingua de Signos. Na rolda estará, Jose A. Pais Freire, presidente da APSSC.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar as actividades da SELIC, a Semana do Libro de Compostela. Na presentación tamén participarán David Cortizo, de Urco Editora, e Loaira Martínez, da Libraría Ciranda.

16.30 h
No Cersia, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, asiste á inauguración do I Foro de Esclerose Múltiple.

18.00 h
No LSC de Sar, obradoiro de cosméticos naturais dentro das actividades do programa "Compostela + Solidaria".

18.30 h
No Auditorio Abanca, Festival de Música e Movemento organizado polo Departamento de Música e Movemento da Escola Municipal de Música.

19.00 h
Na Libraría Couceiro, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, asiste á presentación da Revista Galega de Educación.

Compartir: