Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 28 de maio

11.00 h
Na praza do Obradoiro, o concelleiro Xan Duro asiste á concentración convocada pola Federación Galega de Ciclismo baixo o lema "Non + ciclistas mortos".

13.30 h
No Pavillón de Vite, a concelleira de Deporte, Noa Morales, entrega os premios do Campionato Galaico-portugués sub 17 de Hóckei a Patíns.

19.00 h
No Auditorio de Galicia, o concelleiro de Educación, Manolo Dios, asiste á XII Edición do Certame de Danza Intercentros.

19.30 h
No Campo de fútbol Manuel Paz (Lamas de Abade), a concelleira de Deporte, Noa Morales, entrega os premios da Liga Nacional de Billarda Play-off.

FESTAS DA ASCENSIÓN 2017

De 10.00 a 13.30 h. CAMPIONATO GALAICO-PORTUGUÉS SUB 17
MASCULINO DE HÓCKEI A PATÍNS
(Selección Galega e as seleccións das cidades portuguesas de Porto, Aveiro e Minho)
Pavillón Municipal de Vite
Federación Galega de Patinaxe e Club Hóckei Compostela

12.00 h. Concerto BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA
Ciclo de Primavera
Concerto á carta (programa composto polas obras elixidas polo público asistente aos concertos dos días 30 de abril, 7, 14 e 17 de maio)
Casiano Mouriño Maquieira, director
Rúa do Vilar

17.30 h. Concerto público familiar
MARÍA FUMAÇA
A PEQUENA E GRANDE
ORQUESTRA
Praza da Quintana. Entrada libre

19.00 h. VOAXA E CARMÍN
Texto de Esther F. Carredeguas. Con Mabel Rivera e Belén Constenla. Dirixe: Xavier Castiñeira
Teatro Principal

20.00 h. GERGELYES
(folk e bailes húngaros)
Praza do Toural

Compartir: