Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 24 de maio

10.00 h
No Hotel AC Palacio del Carmen, o voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, mantén un almorzo informativo cos medios de comunicación. NOTA: entrada polo rueiro de Figueiriñas.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar a campaña "Fala baixiño". Na rolda tamén estarán Serxio Fernández, representante da Asociación de Bares e Pubs de Compostela; Ramón García, xerente da Asociación Hostalería Compostela; Rita Sobrado, secretaria da sección de hospedaxe da Asociación Hostalería Compostela; José Rivas, presidente da asociación Vicus Francorum; e Martín Zarauza, representante da asociación Cidade Vella.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar a visita virtual á exposición "O Comercio, emblema dunha cidade". Na rolda tamén estará o fotógrafo compostelán Afonso Sestelo.

12.30 h
Na terraza da Fundación Granell, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e dos integrantes de Chévere para presentar o programa con motivo do 30 aniversario da compañía "Chévere 3.0".

19.30 h
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester, o Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia presentan o libro "Santiago de Compostela, a cidade do milagre", con dous textos de Carlos Casares. Asisten: Martiño Noriega, alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; Francisco Castro, director da Editorial Galaxia.

FESTAS DA ASCENSIÓN 2017

12.00 h
Disparo de bombas anunciando o comezo das festas

12.30 h
Comparsa de Cabezudos

21.00 h
LOS40 Trending On Stage
Presenta ARTURO PANIAGUA.
LUIS BREA Y EL MIEDO
SHINOVA
MISS CAFFEINA
DRUSO
Praza da Quintana
Entrada libre ata completar o aforo

23.00 h
ORQUESTRA CINEMA
Paseo Central da Alameda

23.00 h
CARLA GREEN & THE DEMONS
(blues/funk/soul)
Praza do Toural

Compartir: