Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 17 de maio

Día das Letras Galegas

10.30 h
Na Praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, dá o pistoletazo de saída da XXIII Ruta Rosaliana de Motocicletas Clásicas, organizada polo Motoclub Compostela.

12.00 h
No Teatro Principal, concerto especial do Día das Letras Galegas, da Banda Municipal de Música e nenos e nenas do CEIP das Fontiñas. Dirixe Casiano Mouriño.

13.30 h
Na Praza do Toural, VERMÚ DAS LETRAS: concerto de Xoán Curiel e Sérgio Tannus, dentro das actividades programadas con motivo do Día das Letras Galegas.

14.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste ao Campionato Provincial de Ximnasia Rítmica.

17.00 e 20.00 h
Con saída da praza de Mazarelos, ruta ‘Carlos Casares e Compostela’, dentro das actividades con motivo do Día das Letras Galegas. A duración é de 1 hora e media aprox., e hai que inscribirse previamente en info@auditoriodegalicia.org.

Compartir: