Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 15 de maio

10.30 h
Na praza de Abastos, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar as actividades municipais do programa "Quere o teu mercado". Na rolda tamén estarán a xerente do Mercado, Marta Rey, e Gemma Sesar, autora da Guía Ilustrada da Praza de Abastos e promotora de El Patito Editorial.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar o programa municipal de conciliación Escolas de Verán 2017.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, para presentar o concerto especial de peche de xira da actividade 'Tic Tac Toc' no programa 'FalaRedes' en Santiago de Compostela. Tamén participarán os músicos Pablo Díaz e Olga Kirk.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o proxecto ENKI Compostela 2017. Na rolda tamén estará o director territorial de CaixaBank en Santiago, Antonio Lema, e a presidenta da Fundación Abrente, Carmen Touza.

13.00 h
No Salón Vermello, recepción a escolares do Colexio Santa María de Andorra, que están facendo o Camiño de Santiago, acompañados polo presidente do Centro Galego de Barcelona.

19.30 h
Con saída da Praza de Mazarelos, Ruta ‘Carlos Casares e Compostela’, dentro das actividades con motivo do Día das Letras Galegas. A duración é de 1 hora e media aprox., e hai que inscribirse previamente en info@auditoriodegalicia.org

20.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao concerto conmemorativo do 206 aniversario da independencia da República de Paraguai.

Compartir: